martes, 21 out 2008
A concelleira de Vías e Obras do Concello de Vigo, Isaura Abelairas, presentou este martes as diferentes actuacións levadas a cabo na rede municipal para reducir o consumo de auga na cidade. Os 2,5 millóns de metros cúbicos de auga aforrados o pasado ano en Vigo abastecerían a un municipio de 34.000 habitantes durante todo un ano, salientou a edil.
mércores, 1 out 2008
O alcalde visitou hoxe as obras de humanización do entorno de Povisa, que esperan estar rematadas entre o 15 e o 20 de decembro. Nos próximos presupostos xa se contempla unha partida para continuar as obras e rematar o mandato co tramo entre a rúa Regueiro e Praza de España totalmente reformado.
mércores, 24 set 2008
O alcalde de Vigo presentou este mércores a primeira fase da humanización da rúa Eugenio Kraft, en Balaídos, unha obra con máis de 200.000 euros de orzamento que estará rematada antes de final de ano, tal e como indicou o propio Abel Caballero. Os traballos xa se iniciaron en setembro e hoxe en día xa están realizadas as catas e a demolición da parte superior da rúa, que finaliza na Avenida da Florida.
venres, 8 ago 2008
Os traballos de mellora da Alameda de Bouzas comezarán o vindeiro 18 de agosto, o que representa o primeiro paso da humanización do barrio vigués, que continuará dentro de dous meses coa reforma do entorno do mercado. O alcalde, que hoxe venres presentou o proxecto, salientou a "merecida" atención que se lle está concedendo a unha zona que aportou tanto ao desenvolvemento da cidade.
xoves, 24 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, informou do comenzo das obras de humanización do entorno de POVISA que comprenden as rúas Zaragoza (entre Álvaro Cunqueiro e Tarragona), Barcelona (entre Regueiro e Tarragona), Zamora (entre Regueiro e Tarragona) e Salamanca (entre Pintor Colmeiro e Gran Vía). O prazo de execución é de 5 meses e a obra esta adjudicada a Movexvial.<br />
<br />
venres, 16 mai 2008
Tras ser levada ao Monte do Castro no ano 1965, este venres foi devolta a escultura de Manuel Curros Enriquez á Alameda de Vigo, o lugar que ocupou desde que se inaugurou no ano 1911. Este ano se cumpre o centenario do pasamento do escritor e os alcaldes de Vigo e de Celanova inauguraron o retorno do busto ao seu emprazamento orixinal.
mércores, 7 mai 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, asistiron este mércores ao inicio do sistema de Lectura Remota de Contadores, que se está a instalar nalgúns puntos da cidade e que permitirá facer a lectura con total fiabilidade sen ter que acceder ao contador. "Este novo sistema coloca a Vigo na vangarda do servizo de xestión de auga", subliñou Abel Caballero.
martes, 22 abr 2008
A concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, avanzou que unha única empresa se encargará das reparacións no termo municipal, o que axilizará as reformas. A contratación será por dous anos, conta cun orzamento de preto de 3 millóns de euros, e estará lista "en mes, mes e medio". Este servizo urxente de reparacións actuará "como o 061, pero en Vías e Obras", salientou a concelleira.
martes, 22 abr 2008
La concejal de Vías y Obras, Isaura Abelairas, avanzó que una única empresa se encargará de las reparaciones en el término municipal, lo que agilizará las reformas. La contratación será por dos años, cuenta con un presupuesto de cerca de 3 millones de euros, y estará lista "en mes, mes y medio". Este servicio urgente de reparaciones actuará "como el 061, pero en Vías y Obras", destacó la concejal.
martes, 15 xan 2008
O alcalde, Abel Caballero, visitou este martes as obras de reposición do muro que sustentaba a rúa Canteiros, en Matamá. Os destrozos causados polo temporal do 11 de xaneiro estarán reparados en cinco semanas, mediante traballos cun orzamento de preto de 150.000 euros.