Urbanismo
O goberno de Vigo tramita a cesión á Xunta dos terreos para a Cidade da Xustiza
venres, 6 nov 2015O alcalde informou hoxe venres da tramitación, pola Xerencia de Urbanismo, da cesión ao goberno autonómico dos terreos para a construción da nova dotación xudicial. O Concello, explicou Caballero, xa adicou 4,5 millóns en medio ao efecto mentres que "a Xunta de Galicia nin sequera iniciou a licitación" do proxecto, que "pode e debe" iniciala.
O Concello insta á Xunta a iniciar as obras da Cidade da Xustiza "de xeito inmediato"
martes, 3 nov 2015Abel Caballero deu conta esta mañá do envío dunha carta ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, transmitíndolle que xa están a disposición do terreos para construír a Cidade da Xustiza. En declaracións aos medios, o rexedor instou ao goberno autonómico a comezar "de inmediato" as obras.
O goberno de Vigo subvenciona 136 melloras no Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e Coia con 786.000 euros
mércores, 28 out 2015Abel Caballero informou da sinatura dos convenios de colaboración co Ministerio de Fomento no marco do Plan Estatal 2013-2016 de Rexeneración e Renovación Urbana, que para Vigo supón un total de 136 accións de rehabilitación. O goberno de Vigo subvencionará as melloras con 786.000 euros.
O Concello modifica o uso dunha parcela próxima ao novo hospital para facer un aparcamento gratuito
venres, 16 out 2015Segundo informou este venres Abel Caballero, a xerencia de Urbanismo celebrada hoxe aprobou o cambio de uso da parcela municipal, próxima ao novo hospital, na que o goberno de Vigo habilitará un estacionamento público gratuito de aproximadamente 500 prazas. O Concello adicará máis de medio millón de euros ao efecto.
O goberno local investiu 2,6 millóns nas expropiacións dos terreos da Cidade da Xustiza
venres, 16 out 2015Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta da resolución do proxecto de expropiación dos terreos para construir a Cidade da Xustiza, nos que o goberno local investiu 2,6 millóns de euros. O Concello ven de notificar aos afectados que a data de pago e de ocupación das propiedades será o 23 de outubro.