O alcalde salienta a pronta iniciativa municipal na tramitación do novo PXOM

xoves, 17 dec 2015

A Xunta de Goberno Local e o Consello da Xerencia de Urbanismo deron o visto bo este xoves á elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de maneira que se inicia un proceso que, para Abel Caballero, será "excepcionalmente breve". O rexedor demandou da Xunta de Galicia solucións para a ampliación de Citroen, para a Cidade da Xustiza e para a ampliación do Parque Tecnolóxico de Valadares.

O Concello iniciará este xoves a tramitación dun novo Plan Xeral

mércores, 16 dec 2015

O alcalde xa convocou as sesións da Xerencia de Urbanismo e da Xunta de Goberno Local para dar luz verde mañá xoves ao inicio da tramitación dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, baseado esencialmente no de 2008 e que substitúa ao de 1993. Caballero volveu reclamar a supramunicipalidade para proxectos urxentes, como a Cidade da Xustiza.

O goberno de Vigo inicia este xoves a tramitación dun novo Plan Xeral baseado no de 2008

martes, 15 dec 2015

Tras anulación xudicial do PXOM vigués contra acto administrativo autonómico, o alcalde anunciou hoxe martes que a Xerencia de Urbanismo e a Xunta de Goberno Local validarán este mesmo xoves o comezo da tramitación do novo documento urbanístico, que será debatido polo Pleno este venres. O Plan será esencialmente o de 2008, xa elaborado, para aforrar "alomenos tres anos", subliñou Caballero.

O alcalde salienta o apoio das entidades sociais, veciñais e deportivas á proposta do Concello de retomar o Plan do ano 2008

venres, 11 dec 2015

Logo do encontro mantido con representantes de 25 organizacións representativas da cidade este venres no Concello, o rexedor sinalou o "grande consenso" existente para retomar o Plan de 2008 e levalo adiante cunha tramitación rápida, solicitando a declaración de supramunicipalidade á Xunta nalgúns casos. Ademais, incidiu na vixencia das licenzas concedidas ao amparo do plan anulado polo Supremo.

O alcalde ve "cohesión" en Vigo tras a anulación do PXOM e anuncia "decisións" para a próxima semana

luns, 7 dec 2015

Caballero adicará esta semana a reunións con colectivos da cidade -como as celebradas este luns con sindicatos e colexios de abogados, aparelladores e arquitectos- e será na próxima cando o goberno de Vigo adopte "decisións" para "minimizar o impacto" da anulación xudicial do Plan Xeral. O alcalde considera "moi importante a cooperación doutras administracións" para acortar a tramitación urbanística.

O alcalde denuncia un "retraso innecesario" na Cidade da Xustiza ao carecer a Xunta de orzamento para construila

xoves, 26 nov 2015

O Concello xa ten agrupados os terreos para a Cidade da Xustiza -de titularidade municipal-, remitidos ao Rexistro da Propiedade, inscritos no Patrimonio Municipal do Solo e solicitada a referencia catastral. Os trámites restantes, explicou Caballero este xoves, son cuestións "formais" que non impiden á Xunta de Galicia avanzar coa licitación do proxecto e obra, que non pode iniciar por non ter consignada unha partida orzamentaria.