O Concello esixe á Xunta asinar o convenio para financiar a redacción do novo Plan Xeral
Segundo revelou Abel Caballero, a unanimidade dos grupos políticos municipais aprobou este xoves -a iniciativa do goberno vigués- esixir á Xunta de Galicia a resposta "inmediata" e conformidade coa solicitud do Concello para a sinatura do convenio que financie a continuidade nos traballos de redacción do Plan Xeral.<br />
Esta reclamación foi presentada polo goberno de Vigo e aprobada por unanimidade no Consello da Xerencia municipal de Urbanismo celebrada este xoves, fóra da orde do día.
O Concello de Vigo reserva nos seus orzamentos unha cantidade lixeiramente superior ao millón de euros, repartidos en catro anualidades, para contratar os traballos para continuar coa redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. Segundo o convenio, a Xunta de Galicia se compromete a sufragar a metade do custo da redacción.