xoves, 19 out 2017
Abel Caballero informou este xoves da aprobación do contrato de comodato do legado pictórico do artista en favor do Concello, unha cesión gratuita por dez anos do uso de 21 óleos e 145 obras sobre papel do pintor. O Concello organizará anualmente actividades sobre o artista e a súa obra.
xoves, 19 out 2017
Segundo revelou Abel Caballero, a unanimidade dos grupos políticos municipais aprobou este xoves -a iniciativa do goberno vigués- esixir á Xunta de Galicia a resposta "inmediata" e conformidade coa solicitud do Concello para a sinatura do convenio que financie a continuidade nos traballos de redacción do Plan Xeral.<br />
xoves, 19 out 2017
No marco da inauguración do III Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio Galicia-Norte de Portugal, que reúne na cidade a máis de 300 especialistas en xestión e conservación de obra pública, Abel Caballero salientou o papel dos enxeñeiros na vertebración dos novos modelos de cidade pensadas para a infancia, os maiores e as persoas con discapacidade. Amais, puxo en valor a revolución imparable de Vigo coas humanizacións, ramplas e ascensores que melloran a calidade de vida da cidadanía. <br />
xoves, 19 out 2017
Este xoves presentouse a primeira edición deste evento, que nace con vocación de continuidade e co dobre obxectivo de ofertar rock na cidade e apoiar a grupos de Vigo. A cita terá lugar no IFEVI o sábado 2 de decembro, con entradas a 23 euros.