O goberno de Vigo exporá de forma permanente a obra de Manuel Colmeiro na Pinacoteca
Abel Caballero informou este xoves da aprobación do contrato de comodato do legado pictórico do artista en favor do Concello, unha cesión gratuita por dez anos do uso de 21 óleos e 145 obras sobre papel do pintor. O Concello organizará anualmente actividades sobre o artista e a súa obra.
O alcalde, Abel Caballero, deu conta este xoves da aprobación na Xunta de Goberno Local do contrato de comodato do legado pictórico de Manuel Colmeiro a favor do Concello de Vigo, un acordo seguno o cal os herdeiros do pintor ceden gratuitamente, e durante dez anos, o uso de 21 óleos e 145 obras sobre papel (32 correspondentes á serie "Horrores da Guerra" e o resto, a diferentes temáticas).
Caballero definiu a Colmeiro como un pintor "excepcional", parte da "gran revolución da pintura de España na segunda metade do século XX", e valorou o acordo cos herdeiros polo "incremento da capacidade cultural e expositiva" que supón na cidade, un "patrimonio cultural de Galicia de primeira magnitude".
A obra do artista, alomenos os seus óleos, asegurou o alclade, estará exposta de forma permanente e exclusiva na Pinacoteca municipal Francisco Fernández del Riego. En virtude do acordo suscrito, o Concello de Vigo se fai cargo dos gastos de traslado das obras, dos seguros, da súa conservación, exposición e custodia.
Unha vez concluidos os dez anos de cesión, herdeiros e Concello teñen un "preacordo" para que "esto se converta en definitivo", apuntou Caballero, quen agradeceu a "xenerosidade" da familia Colmeiro, "inmensamente apreciable".
O Concello de Vigo, engadiu Abel Caballero, celebrará actividades de divulgación relacionadas co artista e a súa obra. Ao efecto, o goberno vigués adicará entre 30.000 e 50.000 euros. Ademais, a Fundación Colmeiro recibirá do goberno local entre 10.000 e 20.000 euros para os mesmos fins, segundo asegurou o alcalde.