O alcalde confía en que a tramitación do PXOM se faga "no mínimo tempo posible"

venres, 19 feb 2016

O Consello da Xerencia de Urbanismo informou na sesión deste venres da constitución da Comisión Técnica conformada por representantes do Concello e da da Xunta e que se encargará da tramitación conxunta do novo PXOM, que será "o mesmo que o do ano 2008". Ademais, o goberno municipal elabora unha ordenanza para regular as axudas para acometer obras de mellora da accesibilidade nos edificios de máis de vinte anos.

O Concello cede tres parcelas ao IGVS para construír vivendas de promoción pública

venres, 29 xan 2016

O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou a doazón de dúas parcelas na zona de Cambeses e dunha na Canicouva para erguer vivenda protexida e aprobou a venda de tres parcelas para construír vivendas unifamiliares en Pombas, Carrasqueira e Tomada. O alcalde explicou tamén que o goberno local "fixo todo o que tiña que facer" para poñer a disposición da Xunta o solo para a Cidade da Xustiza para a que "falta o proxecto construtivo".

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

xoves, 28 xan 2016

Dada a imposibilidade de realizar a sesión do Consello da Xerencia na data e día indicado na convocatoria, modifícase a data e hora da sesión do Consello da Xerencia de Urbanismo, trasladándose do xoves día 28 de xaneiro de 2016 ao venres 29 de xaneiro de 2016 ás 8.30 horas en primeira convocatoria e unha hora mais tarde en segunda, manténdose a mesma orde do día.

O Boletín Oficial de Pontevedra informa da exposición pública do expediente de cesión dos terreos para a Cidade da Xustiza

mércores, 27 xan 2016

Abel Caballero anunciou este mércores o comezo do prazo de exposición pública do expediente de transferencia dos terreos á Xunta de Galicia para a construción da cidade xudicial, de maneira que o solo queda dispoñible para ser utilizado aínda que criticou que o goberno autonómico "nin sequera ten o proxecto construtivo" mentres o Concello xa aboou 2.600.000 euros en expropiacións.

Caballero e Pastor manterán unha reunión en Madrid para abordar as estacións, o AVE e a reforma da Avenida de Madrid

martes, 5 xan 2016

O alcalde de Vigo, a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reuniranse o próximo luns día 11 en Madrid para abordar, entre outras cuestións, o encaixe urbanístico da estación de tren de Urzáiz, a estación intermodal, a conexión por Cerdedo e a remodelación da Avenida de Madrid. Caballero confía en que este encontro entre as tres administracións sirva "para desatascar estas cuestións".