O goberno de Vigo eleva ata os 10,7 millóns o orzamento de Urbanismo e prioriza o PXOM e a Panificadora
A Xerencia de Urbanismo contará no 2018 cun orzamento de 10,7 millóns, un aumento do 12,6% sobre este ano, o que revela o "esforzo" do Concello para salvar as consecuencias da anulación xudicial do PXOM, explicou Caballero este martes. As contas reservan 2,5 millóns para a recuperación da Panificadora e 800.000 euros para a urbanización na Avenida de Europa, entre outros proxectos.
O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo do próximo xoves abordará o orzamento do organismo autónomo para 2018, segundo adiantou este martes Abel Caballero, quen subliñou que seguramente o de Vigo sexa "o primeiro concello de España que inicia a tramitación do seu orzamento" para o próximo ano.
No tocante ás cifras, o alcalde valorou que o novo escenario orzamento pon de manifesto o "esforzo" do Concello "no desenvolvemento urbanístico da cidade" para superar, por un lado, a anulación do PXOM de 2008 por parte do Tribunal Supremo e, por outro, na redacción dun novo Plan Xeral.
Así, Caballero recordou que o goberno vigués traballa no levantamento da suspensión de licenzas nos núcleos rurais do PXOM do 93 con características de solo urbano, na utilización da lei 2/2016 para proxectos urxentes e de interese público, nunha ordenación urbanística provisional que permitirá recuperar o 30% do solo urbano consolidado do PXOM de 2008, nos proxectos sectoriais de ampliación do PTL e de Balaídos-Citroën, nas modificacións do PXOM do 93 e do Plan Especial do Casco Vello e na redacción do novo Plan Xeral.
Segundo adiantou o alcalde vigués, as contas de Urbanismo para o próximo ano permitirá ao goberno de Vigo iniciar varios proxectos. Con 250.000 euros, o Concello asumirá o custo íntegro da tramitación da ordenación provisional para recuperar o 30% do solo urbano consolidado do Plan anulado de 2008, e adicará 266.000 euros cada ano durante catro exercicios para contratar os traballos de redacción do novo Plan Xeral.
Entre os principais proxectos figura a recuperación e transformación da Panificadora. Caballero apuntou que se reservan 52.200 euros para a asistencia técnica do seu desenvolvemento e un orzamento de 2,5 millóns para a recuperación do emblemático edificio vigués. No tocante á tramitación, revelou o alcalde que se agarda recibir próximamente o borrador e o documento estratéxico para poder iniciar a tramitación ambiental e, a partir de ahí, a modificación do Plan e as expropiacións.
O Concello adica 800.000 euros para iniciar a urbanización da Avenida de Europa coa obtención dos terreos e o inicio das obras, que incluirán a continuación do carril bici de Coia, tal e como anunciou o alcalde. Urbanismo prevé tamén obter o solo e iniciar os traballos para dar continuidade ao paseo do Lagares desde a Avenida de Madrid, cunha partida de 158.000 euros.
Caballero enfatizou o traballo da Oficina municipal de Rehabilitación, que terá 203.000 euros de orzamento, como elemento esencial para as axudas a vivendas históricas da cidade no Casco Vello, no barrio histórico de Bouzas e nas Áreas de Rehabilitación Integral de Bueu-Moaña (en Coia) e do grupo de casas de Santa Clara, en Barreiro. O Concello reserva tamén 50.000 euros para apoiar económicamente ás comunidades de veciños que invistan na accesibilidade dos seus edificios.
Por último, o alcalde explicou que a Xerencia de Urbanismo reserva 400.000 euros para acometer execucións subsidiarias, actuacións con carácter de urxencia para evitar riscos á cidadanía. Caballero tamén anunciou a creación dun Rexistro de Soares.