xoves, 5 out 2017
Abel Caballero amosou este xoves un "gran orgullo de cidade" por carecer Vigo de lista de agarda nas bolsas de libros e comedor escolar. A Xunta de Goberno Local resolveu a convocatoria para o novo curso, cun total de 4.505 axudas concedidas. En total, o Concello adica este ano 1.945.000 euros ao efecto.
xoves, 5 out 2017
Conxemar foi hoxe xoves o escenario no que se presentaron os resultados do "Fishing Accelerator", unha ferramenta para potenciar a produtividade da pesca a través da tecnoloxía. Antes de acudir, Caballero eloxiou unha iniciativa que redundará en melloras para as empresas dun sector tan importante en Vigo como a pesca.
xoves, 5 out 2017
A Xerencia de Urbanismo incoou o expediente para o desenvolvemento do ámbito de Montana, en Alcabre, o que permitirá construír un máximo de 67 vivendas en unha superficie de preto de 20.000 m2.
xoves, 5 out 2017
O alcalde salientou esta mañá o retroceso dos dereitos sociais como unha das máis cruentas consecuencias da crise económica. Así o dixo diante de recoñecidos profesionais do eido sanitario que hoxe xoves participaron na Xornada Saúde e Autismo organizada en Afundación.
xoves, 5 out 2017
O alcalde inaugurou hoxe xoves unha conferencia concebida para incrementar a concienciación cidadá e promover o debate sobre o futuro dos sistemas de accesibilidade aos medos de comunicación para persoas con necesidades especiais. O Centro Cultural Afundación foi o escenario no que se desenvolveu a Media Accessibility Platform, con expertos de distintas universidades internacionais, entre as que se atopa a de Vigo.