Escoitar

O Concello ultima o proxecto de rehabilitación do Mercado de Teis

Abel Caballero explicou este mércores que está "practicamente redactado" un proxecto que incluirá a renovación do pavimento, a reforma e adaptación dos baños, o pintado e unha mellor distribución dos espazos. "Chegou a hora da reforma do Mercado de Teis", indicou antes de participar na entrega de premios da 4ª Ruta de Pinchos no barrio.

mércores, 4 out 2017
1507120807teis.jpg
En declaracións previas á entrega de premios, Abel Caballero recordou que o Concello que preside xa está traballando na reforma do Mercado de Teis, co proxecto de rehabilitación "prácticamente redactado".

Segundo adiantou o alcalde, o documento contempla a renovación do pavimento, a reforma e adaptación dos baños, o pintado interior e exterior, e unha mellor distribución no entorno, porque "chegou a hora da reforma do Mercado de Teis".

Caballero participou este mércores na entrega de premios da cuarta edición da Ruta de Pinchos de Teis, onde tomaron parte un total de 17 locais. O alcalde garantiu a cooperación do Concello coa Asociación de Comerciantes de Teis e co Centro Comercial Aberto, responsables da organización.
Descargar todas as imaxes