venres, 6 out 2017
O encoro de Eiras está ao 56,47%, seis puntos sobre o "difícil" ano 2011, asegurou este venres Caballero, quen anunciou que "temos tranquilidade" mais, ante a previsión de dúas semanas sen chuvias, o Concello reduce os regos en xardíns e suprime desde hoxe os baldeos, rego e limpeza de rúas con auga potable.
venres, 6 out 2017
O alcalde de Vigo amosou hoxe venres o seu rexeitamento a que os "pensionistas" sexan os "paganos" da crise económica e avanzou o apoio da cidade ás mobilizacións que loitan pola súa revalorización. Así o dixo logo de manter un encontro con responsables de CCOO e UXT.
venres, 6 out 2017
O alcalde cualificou de "iniciativa fantástica" a Feira Internacional de Emprego Universitario que se vai desenvolver no Ifevi o 24 e 25 de outubro, mentres que en Porto será unha semana antes. Trátase da segunda edición dun evento que trata de achegar aos estudantes coas necesidades reais do mundo empresarial.
venres, 6 out 2017
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, acompañaron ao director artístico da Vigo 430, Javier Escobar, na presentación este venres do programa da orquestra para a tempada 17-18, un total de dez concertos que comezan este domingo.