O goberno de Vigo adopta medidas de aforro de auga en previsión de que a seca continúe
O encoro de Eiras está ao 56,47%, seis puntos sobre o "difícil" ano 2011, asegurou este venres Caballero, quen anunciou que "temos tranquilidade" mais, ante a previsión de dúas semanas sen chuvias, o Concello reduce os regos en xardíns e suprime desde hoxe os baldeos, rego e limpeza de rúas con auga potable.
Abel Caballero indicou que as previsións metereolóxicas alertan de dúas semanas sen chuvias na cidade, polo que o goberno que preside acordou adoptar medidas de consumo responsable de auga en previsión de que a seca se prolongue. O encoro de Eiras atópase ao 56,47% da súa capacidade, informou o alcalde, seis puntos máis que no "tan difícil" ano 2011. "Temos tranquilidade", indicou.
Por precaución, e para anticiparse ao peor escenario climatolóxico posible, o Concello de Vigo adopta medidas de consumo de auga ata que as reservas se normalicen e, desde hoxe venres, se suprimen os baldeos, rego e limpeza de rúas con auga potable, e se reducen e controlan os regos nos xardíns.
Caballero trasladou a recomendación de consumo responsable á poboación e avanzou que remitirá estas pautas de aforro ao resto de municipios de área metropolitana aos que Vigo lles suministra auga.
Xunta de Goberno Local
Na mesma rolda de prensa, o alcalde vigués informou dalgúns asuntos acordados na última sesión da Xunta de Goberno Local. Entre eles, a clasificación de ofertas para o suministro de árbores, arbustos e pranta de tempada -por 130.000 euros- e de aproximadamente mil novos bancos, por importe de 165.000 euros.
Ademais, o goberno de Vigo validou a clasificación de ofertas para a renovación das instalacións de auga quente no pavillón da ETEA, a conexión a paneis solares e o seu mantemento, un contrato ao que adica 70.000 euros para instalar unha nova unidade de producción que substitúa ao sistema actual, con máis de 25 anos sin ser atendido.
Por último, Caballero deu conta do expediente de contratación do mantemento integral das instalacións do exotarium e bolboretario en Vigo, por algo máis de 121.000 euros. O Concello contrata así o mantemento e xestión dos recintos dos animais do exotarium, a súa zona de cociña e cultivo de alimento vivo, a zona de reserva de reptís e a de hospitalización.