Escoitar

Caballero traslada o apoio da cidade á mobilización que loita por manter o poder adquisitivo das pensións

O alcalde de Vigo amosou hoxe venres o seu rexeitamento a que os "pensionistas" sexan os "paganos" da crise económica e avanzou o apoio da cidade ás mobilizacións que loitan pola súa revalorización. Así o dixo logo de manter un encontro con responsables de CCOO e UXT.

venres, 6 out 2017
1507305930sindicatos.JPG
Abel Caballero mantivo esta mañá unha reunión cos secretarios comarcais de CCOO e UXT, Amelia Pérez e Ernesto Fontanes, respectivamente, ademais dos responsables de pensionistas de ambos sindicatos, para falar da revalorización das pensións. En posterior rolda de prensa, o rexedor trasladou o apoio do goberno local e da cidade ás mobilizacións cara a Madrid que se están levando a cabo desde moitos puntos de España, incluído Vigo. Insistiu en facer un chamamento á "conciencia cidadá" para evitar que os pensionistas sexan "os paganos" da crise económica. É fundamental, engadiu, unha aposta política decidida por este sector social que permita cambiar o modelo de forma que se poidan manter e incrementar as pensións -as actuais e as futuras- tal e como corresponde.
Descargar todas as imaxes