O goberno de Vigo concede 4.500 axudas de comedor e libros para este curso, sen listas de agarda
Abel Caballero amosou este xoves un "gran orgullo de cidade" por carecer Vigo de lista de agarda nas bolsas de libros e comedor escolar. A Xunta de Goberno Local resolveu a convocatoria para o novo curso, cun total de 4.505 axudas concedidas. En total, o Concello adica este ano 1.945.000 euros ao efecto.
O goberno de Vigo resolveu este xoves a concesión de axudas de libros, material escolar e comedor para o alumnado de colexios públicos e concertados de Infantil, Primaria e Secundaria, correspondente ao actual curso 2017-2018.
O volume total desta asignación, informou Caballero, ascendeu a 1.338.000 euros, dos que 1.226.000 se destinan ao comedor escolar e os 112.000 euros restantes, a libros. A media económica da achega municipal ascende aos 85 euros, asegurou Caballero.
O alcalde recordou que o goberno que preside destina outros 606.000 euros a bolsas de comedor a través de FOANPAS, co que o total do Concello ao efecto achega aos 1.944.000 euros este curso escolar.
Segundo a resolución da convocatoria, transmitida hoxe por Caballero, a administración municipal concede este curso 4.505 bolsas de comedor, sen deixar a ningún solicitante que cumpra os requisitos en lista de agarda. O alcalde amosou un "gran orgullo de cidade" por carecer Vigo de estudantes en agarda da súa axuda de comedor, ao que outorgou "a maior importancia".