O alcalde eloxia o "Fishing Accelerator" como ferramenta para potenciar a produtividade da pesca
Conxemar foi hoxe xoves o escenario no que se presentaron os resultados do "Fishing Accelerator", unha ferramenta para potenciar a produtividade da pesca a través da tecnoloxía. Antes de acudir, Caballero eloxiou unha iniciativa que redundará en melloras para as empresas dun sector tan importante en Vigo como a pesca.
O alcalde achegouse hoxe xoves á Conxemar para asistir á presentación dos resultados do "Fishing Accelerator", unha iniciativa pioneira e nacida en Vigo que atrae tecnoloxía de todo o mundo para potenciar a competitividade do sector pesqueiro. Empresas e organizacións expertas do sector, tanto de extracción como de elaboración e comercialización, encabezan un proxecto que permite dinamizar "startups" e empresas tecnolóxicas doutros ámbitos que desexan acelerar os seus proxectos na industria pesqueira. Grazas a "Fishing Accelerator", os intereses de grandes compañías atopan un aliado en empresas con tecnoloxías punteiras listas para ser desenvolvidas.
Descargar todas as imaxes