O Concello inicia o desenvolvemento do ámbito de Montana que permitirá construír 67 vivendas
A Xerencia de Urbanismo incoou o expediente para o desenvolvemento do ámbito de Montana, en Alcabre, o que permitirá construír un máximo de 67 vivendas en unha superficie de preto de 20.000 m2.
O alcalde deu conta hoxe xoves da incoación do expediente para o desenvolvemento do ámbito de Montana (entre o camiño Montana e a Avenida Atlántida -Alcabre). Este desenvolvemento encaixa dentro do Plan do 93 como unha unidade de actuación solo urbano delimitada no núcleo rural de Carregal.
Tal e como explicou, trátase dunha superficie de 20.000 m2 aproximadamente para a construción dun máximo de 67 vivendas. A iniciativa é da Sareb e prevé máis de 4.000 m2 de espazos libres de dominio e uso público. Esta ordenación detallada queda remitida a un estudo de detalle ou a un Plan de reforma interior.