O Concello colabora cunha Lanzadeira de Emprego para a inserción laboral de 20 desempregados
Abel Caballero participou este mércores na presentación da Lanzadeira de Emprego, que arrancará en novembro e servirá para axudar a 20 desempregados, na súa maioría menores de 35 anos, a optimizar a súa procura de traballo con novas técnicas e ferramentas acordes ás necesidades do mercado laboral actual.<br />
O Concello de Vigo, a Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica veñen de acordar a implantación na cidade deste innovador programa de fomento do emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e que comezará no mes de novembro.
Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, o director de Relacións Institucionais de Fundación Telefónica, Joan Cruz, e a voceira da Fundación Santa María la Real, Soraya de las Sías.
A Lanzadeira de Emprego de Vigo irá destinada a 20 desempregados menores de 35 anos. Con todo, se as 20 prazas non se cobren con estes perfís, se reserva a posibilidade de que cinco poidan destinarse a persoas de maior idade, ata os 59. Poderán ter calquera nivel formativo (ESO, Formación Profesional, Bacharelato, así como diplomaturas ou licenciaturas universitarias) e proceder de calquera sector laboral, teñan ou non experiencia previa.
Precisamente, o obxectivo é configurar un equipo de 20 participantes o máis variado e heteroxéneo posible para que entre eles non exista competencia á hora de buscar traballo, senón que compartan coñecementos e experiencias, e aposten por unha cultura colaborativa para impulsar o seu acceso ao mercado laboral.
As persoas seleccionadas reuniranse varios días á semana en locais cedidos de balde polo Concello de Vigo. Coa guía e orientación dun técnico especializado levarán a cabo diversas actividades para optimizar a súa procura de traballo: talleres de autocoñecemento e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empregabilidade e visitas a empresas.
As persoas interesadas neste programa de orientación laboral, gratuíto, voluntario e con resultados de inserción superiores ao 50%, dispoñen ata o 8 de novembro para presentar a súa inscrición na web de Lanzadeiras ou no propio Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes