A Deputación aumenta a súa achega a Balaídos en 1,2 millóns para reformar as gradas de Marcador e Gol
Caballero e Silva asinaron esta mañá a addenda ao convenio de Balaídos polo que o organismo provincial sumará 1.250.000 euros aos máis de seis millóns que xa ten investidos nas obras do de reforma do estadio. Esta achega servirá para rehabilitar as gradas de Marcador e de Río, ademais de construír un aparcamento de 1.000 prazas.
O estadio de Balaídos foi o lugar elixido para asinar a addenda do convenio de reforma entre Concello e Deputación. O acordo recolle unha achega do organismo provincial de 900.000 euros para acometer os proxectos de Gol e Marcador, ademais dun aparcamento de 1.000 prazas. Ademais, a administración presidida por Carmela Silva incluirá outros 350.000 euros para licitar os asentos de Río Baixo. Con este orzamento,- 1.250.000 euros- insistiu o rexedor, procederase á licitar os proxectos de remodelación total do estadio. O acto de sinatura coincidiu esta mañá coa colocación da cuarta gran peza da estrutura que soportará a cuberta.
Descargar todas as imaxes