O rexedor compromete o "aumento permanente" das subvencións ao deporte feminino en Igualdade
O goberno de Vigo vén de resolver a convocatoria de subvencións de Igualdade para promocionar o deporte feminino, programa creado este ano con 27.000 euros que paulatinamente irá incrementando a súa dotación, segundo asegurou Caballero. 56 clubs deportivos resultaron beneficiarios este ano.
O alcalde manifestou darlle "unha gran importancia" á convocatoria específica de subvencións de Igualdade para a promoción do deporte feminino, unha novidade no orzamento deste 2017 que procura fomentar a igualdade a través da práctica deportiva das mulleres.
O Concello concede este ano 27.000 euros adicionais a un total de 56 clubs deportivos da cidade, que contan ademais coas subvencións que reparte o goberno vigués para o deporte. "O deporte feminino sae en inferioridade de condicións" con respecto ao masculino, enfatizou Abel Caballero, polo que o executivo que preside decidiu abrir esta nova liña de apoio económico este ano.
O alcalde vigués afirmou que o obxectivo municipal é "avanzar máis deprisa" na consecución da igualdade, "por iso abrimos unha subvención ao deporte feminino en Igualdade, o ano que vén será sustancialmente superior, e comprometemos en anos sucesivos o aumento permanente da partida de deporte feminino en Igualdade".
Deporte
A Xunta de Goberno Local, informou este luns Caballero, tamén aprobou sendos convenios de colaboración con tres entidades sociais para eximilas do pago pola utilización das instalacións deportivas municipais para os seus programas de práctica deportiva. As beneficiarias son Down Vigo (con exencións por valor de 1.600 euros), Menela (por 1.600 euros) e a Asociación Alborada (por 1.220 euros)
En segundo lugar, o alcalde vigués deu conta da aprobación do convenio coa Agrupación Deportiva Vigo para a dinamización do programa de competición "Vigo en Xogo", segundo o cal o Concello volve eximir á entidade do pago polo uso das instalacións deportivas municipais.
A este respecto, Caballero celebrou este acordo para levar adiante un programa deportivo "inmenso", que supón disputar 3.300 partidos en total a razón de 110 cada fin de semana. Segundo este acordo, o Concello de Vigo libera á entidade do pago de 100.000 euros polo uso dos distintos recintos deportivos.