Escoitar

Caballero avanza que o PXOM trazará unha cidade pensada para as persoas e con espazos de participación cidadá

O alcalde de Vigo saudou esta mañá aos asistentes ás xornadas de urbanismo que organizou o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Durante a súa intervención defendeu para Vigo un urbanismo habitable, pensado para ás persoas e con espazos de participación cidadá.

venres, 29 set 2017
1506688950coag.JPG
O rexedor trazou a visión do urbanismo que defende o goberno local durante a inauguración dunhas xornadas organizadas polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Tal e como avanzou, o próximo plan xeral virá rexido por un concepto de cidade habitable, pensada para as persoas -e non para os promotores-, con espazos de participación cidadá. Respecto á redacción do documento, Caballero criticou a demora da Xunta en comprometerse a pagar o 50% da elaboración, logo de ser os culpables da anulación do PXOM e de non aceptar a vía Parejo como solución. Na súa opinión, a intencionalidade da Xunta é frear o desenvolvemento urbanístico de Vigo.
Descargar todas as imaxes