O alcalde esixe a Feijóo recursos no 2018 para "investimentos pendentes" en Vigo
Caballero anunciou este luns o envío dunha declaración do Goberno de Vigo ao presidente da Xunta, requeríndolle que as contas autonómicas do próximo ano inclúan cuestións "reiteradamente demandadas nos últimos anos" en Vigo. A listaxe inclúe a promoción turística, o centro de saúde de Bouzas, a gratuidade do aparcamento do Cunqueiro ou o apoio ao AVE por Cerdedo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns o envío dunha carta e dunha declaración do goberno local ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitando a reserva de partidas económicas nas contas autonómicas do próximo ano en "investimentos pendentes" e cuestións "reiteradamente demandadas nos últimos anos en Vigo".
Así, o alcalde citou a promoción exterior de Vigo e o apoio ao transporte aéreo no aeroporto de Peinador, o centro de saúde de Bouzas, o acceso desde Bos Aires ao centro da cidade a través da AP-9, a gratuidade do aparcamento do Hospital Álvaro Cunqueiro e a participación na reforma integral do estadio municipal de Balaídos na mesma contía que adican Concello e Deputación de Pontevedra.
A listaxe de demandas do goberno vigués continúa coa reforma dos viais de competencia autonómica na cidade, que a Xunta ten "abanonados", segundo Caballero. Estes son a AG-57 enlace VG-20 a Baiona; Avenida de Galicia; Avda. Ricardo Mella; rúa Arquitecto Gómez Román e rúa Canido; Avenida de Castrelos-Estrada de Valadares; Estrada de Zamáns, Avenida da Florida-Estrada de Camposancos; Avenida de Ramón Nieto e Avenida da Ponche.
O rexedor vigués esixe da Xunta investimentos na reforma e ampliación dos colexios de Vigo e novas infraestruturas deportivas, ademais de sufragar o custo das bolsas de comedor nos centros educativos, competencia autonómica que abona o Concello con dous millóns de euros.
O goberno vigués solicita accións en política social e plans de emprego segundo a taxa de paro e a poboación da cidade, atención ao paseo e a conca do río Lagares, política e acción cultural, respaldo económico ao Marisquiño na mesma contía que adican Concello e Deputación, apoio as bandas e grupos folc e a promoción das Illas Cíes.
Abel Caballero esixiu ao presidente da Xunta "contundencia na defensa do AVE directo a Vigo", pois a Alta Velocidade no chegará a Galicia senón a unha parte de Galicia, expuxo, en referencia á liña que une Ourense con Santiago e A Coruña.
Subvencións e transferencias
No escrito remitido ao presidente autonómico, o goberno vigués tamén insta á Xunta a aumentar as transferencias e subvencións ao Concello ata igualas en termos per cápita co resto das cidades galegas. Segundo os datos do Consello de Contas para 2015, neste concepto Vigo é a urbe galega que menos recursos por habitante recibe da Xunta de Galicia das sete cidades galegas.