Caballero alerta de que "xa non caben desculpas" para non loitar contra o cambio climático
O alcalde participou hoxe luns na apertura do Congreso Internacional organizado pola FAO e Conxemar e que nesta sexta edición abordará o cambio climático e os seus efectos na pesca mariña, na acuicultura e no comercio. Diante de autoridades de 20 países do mundo, ademais de empresarios e investigadores, Caballero explicou que este tipo de foros son os que deben axudar a buscar fórmulas para combater "o que xa nos está a pedir o planeta"<br />
O rexedor comezou a súa intervención eloxiando os bos resultados de seis anos de cooperación, en referencia a unión entre FAO e Conxemar na posta en marcha deste congreso internacional que, nesta ocasión, abordará ademais un tema de crucial transcendencia porque "o cambio climático xa é unha ameaza segura". Recoñeceu que hai xa dez anos que se debería estar traballando neste problema pero "a crise chegou e mudou parámetros e prioridades". Neste momento, cando a crise empeza a ser historia, "estamos abocados a combater o cambio climático, o que nos está a pedir o planeta". "Xa non hai desculpas", engadiu, temos por diante unha loita colectiva e que temos que afrontar con espírito reforzado. Rematou aludindo aos que teñen capacidade de decisión en temas de pesca para que sexamos capaces de manter "un mar sin recalentamento nin acidez" e confiou nos expertos asistentes para ir marcando o camiño que se debe seguir.
Caballero estivo acompañado na mesa pola conselleira de Mar, Rosa Quintana; o secretario xeral de Pesca, Alberto López Asenjo; a o presidente de Conxemar, José Luis Freire, ademais dunha representante da FAO. Entre os asistentes ao congreso, destacan expertos de nivel mundial da OCDE, membros da Comisión Europea, directivos de empresas ao máximo nivel, así como trinta e dúas autoridades pesqueiras de vinte países, entre os que se atopan sete ministros de Pesca. Todos eles analizarán como está afectando o cambio climático sobre as especies de maior interese comercial e que medidas poden adoptarse para mitigar os seus efectos. O incremento da temperatura dos océanos, da salinidade e a acidificación son algúns dos factores que están a influír no comportamento e na disponibilidade dos recursos pesqueiros, o que representa un desafío para a industria a nivel global, fronte ás previsións de incremento de demanda de produtos pesqueiros e a poboación mundial en crecemento.
Descargar todas as imaxes