O Concello autoriza a urbanización dunha parcela situada xunto ao cuartel da Garda Civil

luns, 5 mar 2018

Caballero anunciou este luns que a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará esta semana a licencia solicitada para urbanizar unha parcela situada entre as rúas Barcelona e Zaragoza, á altura do cuartel da Garda Civil. Ademais, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao contrato do servizo de seguridade e vixilancia en Cedro, a supervisión dos mercadiños e o mantemento das instalacións de calefacción e auga dos pavillóns.

Urbanismo valida a ordenanza que permitirá ao Concello sacar á puxa pública soares ou edificios abandonados

mércores, 21 feb 2018

A Xerencia de Urbanismo aprobará o ditame dunha ordenanza que permitirá ao Concello poñer no mercado soares e edificios que se atopen en estado de ruína ou abandono. O seguinte paso administrativo será a validación do Pleno e posterior exposición pública. As previsións do goberno local son que a norma estea en vigor no segundo trimestre do ano.