O Concello xa remitiu para exposición pública o proxecto de ampliación do IFEVI
O alcalde subliñou que a tramitación e envío do proxecto tivo lugar na mesma mañá en que se recibiu desde a Xunta. Ademais, en 24 horas remitiuse tamén para exposición pública a relación de bens e dereitos afectados pola expropiación. Caballero contrapuxo a xestión municipal cos "vinte días" que tardou a Xunta en enviar o proxecto ao Concello.
O proxecto de ampliación do IFEVI entrou no Concello ás 09:30h deste xoves e en "dúas horas" xa estaba asinado e enviado para a súa exposición pública no BOP e no diario de maior tirada, tal e como asegurou este venres o alcalde.
Abel Caballero puxo en valor os tempos municipais mentres que a Xunta de Galicia tardou "vinte días" en enviar o proxecto ao Concello, unha vez recibido este do IFEVI. Ademais, en 24 horas o goberno de Vigo remitiu tamén para exposición pública a relación de bens e dereitos afectados pola expropiación dos terreos.
"Os feitos falan", anotou o alcalde, quen lamentou que o goberno de Núñez Feijóo tardase vinte días en enviar o proxecto de ampliación, toda vez que o Concello e Conxemar pretenden contar co recinto feiral ampliado para a edición de outono da feira do conxelado. "En Vigo hai vontade para ampliar o IFEVI para o próximo Conxemar", certificou Caballero.
Os prazos da exposición pública son de vinte días para o proxecto e de quince para a relación de bens e dereitos afectados.