mércores, 22 xaneiro 2020

O cantante británico Sting actuará no Auditorio de Castrelos o 1 de agosto

Abel Caballero fixo este mércores o primeiro dos anuncios para as festas de verán de 2020 no Auditorio ao Aire Libre de Castrelos. O artista británico Sting actuará o vindeiro 1 de agosto dentro da súa xira mundial "My songs". O alcalde mostrou a súa satisfacción por poder contar cun músico do nivel do inglés.

A biblioteca de Navia abre as súas portas o venres con 200 postos de lectura

mércores, 22 xan 2020

O Concello de Vigo inaugurará o próximo venres 24 de xaneiro a biblioteca de Navia, situada en Teixugueiras e dotada con 200 postos de lectura. Cun orzamento de case medio millón de euros, estas instalacións veñen sumarse ás que o goberno local puxo en marcha en Martínez Garrido (Neira Vilas), á do Auditorio Mar de Vigo, á Casa do Patín (Bouzas) e á que está prevista no antigo ambulatorio de Teis.