O Concello presentará en Fitur: "O fenómeno Vigo. Non tentes explicalo. Víveo"

O alcalde avanzou esta mañá o lema que o Concello vai presentar en Fitur 2020 para promover a cidade. O fenómeno Vigo. Non tentes explicalo. Víveo será o eslogan que permitirá falar das luces de Nadal, dos concertos do verán, da Reconquista, do Entroido, do Marisquiño e, sobre todo, das Illas Cíes.

luns, 20 xan 2020
1579527855Fitur.jpg
O Concello presentará o xoves en Madrid as propostas turísticas de Vigo, unha vez convertida "nunha cidade turística central". Baixo o lema O fenómeno Vigo. Non tentes explicalo. Víveo, o alcalde avanzou que, ademais de falar do "tirón" do Nadal do que deron conta o New York Times, xornais chineses ou franceses así como toda prensa nacional, tamén se vai falar dos concertos do verán -algún deles aglutinou a cen mil persoas -, a festa da Reconquista, o Entroido ou O Marisquiño. De xeito singular, engadiu, falarase das Illas Cíes nunha dobre dimensión, como catalizador de visitas e como Patrimonio Medioambiental da Humanidade.
Descargar todas as imaxes