luns, 20 xan 2020
O alcalde de Vigo valorou este luns o proxecto para construír un novo carril bici na fronte marítima da cidade pero lembrou que a administración autonómica aínda ten pendente levar a cabo o túnel ao longo da avenida de Beiramar. "Carril bici si, pero túnel tamén", sinalou.
luns, 20 xan 2020
Abel Caballero celebrou que "por fin" o goberno de Núñez Feijóo acceda a aplicar a lei 3/2016 para ampliar o recinto feiral, mais denunciou que a Xunta segue sen remitir o proxecto ao Concello, imprescindible para a exposición pública "e acortar tempos", pese a ter a petición desde "o día o dous de xaneiro".
luns, 20 xan 2020
O alcalde avanzou esta mañá o lema que o Concello vai presentar en Fitur 2020 para promover a cidade. O fenómeno Vigo. Non tentes explicalo. Víveo será o eslogan que permitirá falar das luces de Nadal, dos concertos do verán, da Reconquista, do Entroido, do Marisquiño e, sobre todo, das Illas Cíes.
luns, 20 xan 2020
Desde hoxe luns funciona o control de entrada de vehículos á zona vella mediante semáforo e recoñecemento de matrícula, en lugar dos pivotes. O sistema reduce os tempos de espera e elimina custos de mantemento e eventuais sinistros, polo que o goberno dirixido por Abel Caballero o estendera ao casco vello de Bouzas.