O goberno de Vigo volve requirir á Xunta o proxecto de ampliación do IFEVI

Abel Caballero celebrou que "por fin" o goberno de Núñez Feijóo acceda a aplicar a lei 3/2016 para ampliar o recinto feiral, mais denunciou que a Xunta segue sen remitir o proxecto ao Concello, imprescindible para a exposición pública "e acortar tempos", pese a ter a petición desde "o día o dous de xaneiro".

luns, 20 xan 2020
O alcalde volveu urxir á Xunta de Galicia celeridade na remisión do proxecto de ampliación, necesario para que o Concello poida tramitar a exposición pública do mesmo. A competencia municipal ao efecto, abondou Caballero, pasa pola emisión de informes, someter o proxecto ao público e abonar as expropiacións do solo.

A este respecto, o rexedor vigués confirmou que os informes municipais que correspondan estarán elaborados "nun día" e instou á Xunta a que solicite a Aviación Civil o informe e non ao Concello de Vigo, como fixo. Ademais, o Concello xa conta cos 200.000 euros de orzamento para afrontar o pago das expropiacións do solo; "a pregunta é: ¿ten a Xunta os cinco millóns ou queren aforralos outra vez á costa de Vigo? Esa é a pregunta", advertiu Caballero, facendo referencia ao orzamento estimado de execución da ampliación.

Caballero concluíu que o goberno autonómico está nun proceso "voluntario" de "dilación dos prazos" que complica que a ampliación estea lista para a edición de outono de Conxemar, tal e como demandan o Concello e os propios responsables da feira.