Escoitar

O alcalde visita o centro de Legálitas en Vigo

Abel Caballero estivo este mércores coñecendo as instalacións e o traballo que desenvolve Legálitas no centro de asesoramento xurídico para todo o territorio nacional que vén de abrir na cidade.

mércores, 22 xan 2020
1579700558220120Legalitas.JPG
Durante a visita, o rexedor transmitiu aos responsables da compañía a súa felicitación por estar en Vigo, polo labor que desempeñan e por empregar a 50 avogados, "profesionais de altísimo nivel que é unha boa noticia para esta cidade".

Caballero tivo a oportunidade de coñecer as instalacións que Legálitas vén de inaugurar nun edificio da zona céntrica da cidade desde onde prestan asesoramento xurídico para todo o territorio nacional cun equipo conformado por 50 avogados. Nestes momentos, segundo explicou, a compañía ten 300.000 clientes individuais e 10.000.000 subscritores indirectos que son atendidos desde a sede de Madrid e agora tamén desde Vigo.
Descargar todas as imaxes