Escoitar

Caballero condiciona a aprobación definitiva do Plan Parcial de Navia á construción do instituto

Abel Caballero informou de que este mesmo martes o Concello enviará o protocolo á Xunta para que se comprometa a construír o instituto no barrio de Navia. A Xerencia de Urbanismo aprobou o Plan Parcial e agora deberá pasar por Xunta de Goberno e finalmente polo Pleno Municipal.

martes, 11 feb 2020
Abel Caballero, este martes, na rolda de prensa no Concello.
Abel Caballero, este martes, na rolda de prensa no Concello.

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobou este martes a aprobación definitiva da segunda modificación puntual do Plan Parcial de Navia e resolveu as alegacións, acordo que será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). Trátase do primeiro paso para que chegue a Xunta de Goberno Local, despois regrese á Xerencia e finalmente vaia ao Pleno Municipal.

Segundo informou Abel Caballero, aceptáronse algunhas alegacións por suxerencias, pero o alcalde aclarou que o Plan Parcial de Navia non será aprobado ata que a Xunta de Galicia dea garantías de que vai a construír un novo instituto no barrio. “Non quero parar datas, quería que pasase pola Xerencia pero todos os trámites ulteriores quedan condicionados a que o Goberno galego aprobo o protocolo proposta polo Concello”, sinalou.

En dito protocolo enviado ao presidente da Xunta figura a necesidade de comprometerse a construción da infraestrutura educativa, así como os prazos (dous anos máximo). “O instituto deberá ser a primeira construción que fagan no novo Plan de Navia, é condición inescusable, non daremos a aprobación definitiva”, apuntou.

Caballero destacou o instituto do Calvario pola súa importancia “á hora de cambiar a forma de entender” o barrio e indicou que “queremos que pase o mesmo en Navia” e evitar que os estudantes teñan que desprazarse varios quilómetros para acudir a clase.

Descargar todas as imaxes