Escoitar

O alcalde eloxiou a calidade educativa do Ceip O Pombal na celebración do seu 70 aniversario

O rexedor compartiu coa comunidade educativa do Ceip O Pombal unha xornada de actividades coas que o centro segue a festexar o seu 70 aniversario. Entre outras, Caballero participou no soterramento dunha cápsula do tempo na que se gardaron traballos realizados polo alumnado.

martes, 11 feb 2020
O alcalde, no Ceip O Pombal.
O alcalde, no Ceip O Pombal.

Acompañado por profesores, estudantes e nais e pais, Caballero participou esta mañá no soterramento dunha cápsula do tempo con traballos realizados polo alumnado a propósito do 70 aniversario do Ceip O Pombal. Logo de destacar a excelencia educativa do centro e de agradecer aos profesores e profesoras a súa labor, o alcalde pintou un dinoseto no mural da cidade que o colexio ten debuxado no muro perimetral do centro.

O alcalde, no Ceip O Pombal.
O alcalde, no Ceip O Pombal.
O alcalde, no Ceip O Pombal.
O alcalde, no Ceip O Pombal.
Descargar todas as imaxes