mércores, 12 febreiro 2020

Porta do Sol e Príncipe acollerán o Entroido 2020 con máis de 20 actos durante seis días

mércores, 12 feb 2020

O alcalde de Vigo presentou este martes a programación do Entroido vigués, que se celebrará do 21 ao 26 de febreiro con máis de 20 actividades, concertos e actos. O concurso de disfraces e o desfile de comparsas será o sábado 22 ás 18 horas. Soraya actuará o venres despois da entronización do Meco (20:00 horas) e Ketama sairá ao escenario de Porta do Sol o sábado (21:30 horas) .