O Concello visibiliza a inclusión deportiva nunha xornada con escolares e xogadores do Amfiv
Abel Caballero asistiu este mércores ao pavillón Pablo Beiro de Bouzas, onde estudantes do IES Josefa Alonso de Matamá participaron no programa de inclusión “Deporte para todos e todas”. Organizado polo Club Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas e a Fundación Pablo Beiro, o obxectivo da xornada era visibilizar o deporte adaptado.




