O Concello de Vigo poderá investir os 15 millóns do seu superávit de 2019
Abel Caballero puxo cifras aos acordos conseguidos polo alcalde e presidente da FEMP na Comisión Nacional de Administración Local celebrada este luns en Madrid, da que fixo unha valoración “extraordinaria”. Os quince millóns do superávit vigués de 2019 serán investidos este e o próximo ano, e o Concello contará con 250.000 euros máis de dispoñibilidade orzamentaria.