Escoitar

O alcalde anima a coñecer a contribución das mulleres científicas no Verbum

O Concello conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia con obradoiros que procuran o achegamento ás cuestións científicas dos estudantes de Primaria e Secundaria.

martes, 11 feb 2020
O alcalde, no Verbum.
O alcalde, no Verbum.

Abel Caballero visitou este martes o Museo Verbum onde o Concello está desenvolvendo obradoiros de Ciencia en Galego nos que os estudantes coñecerán a obra de científicas relevantes e realizarán prácticas investigadoras. É unha das actividades coas que se celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Os obradoiros comezaron hoxe e continúan os días 12, 13, 14 e 17 de febreiro no Museo VERBUM con dúas sesións diarias dirixidas ao estudantado do último ciclo de Primaria e do primeiro ciclo de Secundaria, que poderán familiarizarse con cuestións científicas. O obxectivo é achegar ás nenas ao eido científico e visibilizar a todo o alumnado as contribucións das mulleres científicas.

“Queremos que as mozas teñan aberto todo o marco das posibilidades reais da súa orientación académica, sen rexeitar a ciencia a piori, porque teñen sobrada capacidade”, afirmou o rexedor. Nesta primeira xornada participaron as químicas Margarita Salas e Alis Ball, a astrofísica Begoña Vila, a bióloga María Blasco e Elena García, experta no campo da robótica que darán a coñecer o seu traballo.

Para estes obradoiros, o Concello conta coa colaboración do Instituto Español de Oceanografía e o Instituto de Investigacións Mariñas, cuxos profesionais achegan ás nenas e nenos a forma de facer ciencia.

O alcalde, no Verbum.
O alcalde, no Verbum.
O alcalde, no Verbum.
Descargar todas as imaxes