venres, 2 nov 2018
Abel Caballero adiantou este venres que o Concello de Vigo xa dispón dun listado previo con 26 soares e inmobles para ser incluídos no programa municipal de edificación forzosa. O alcalde explicou que a medida ten como obxectivo eliminar as parcelas "abandonadas e en pésimo estado do centro da cidade".
martes, 30 out 2018
O alcalde adiantou que a medida, que afectará ao Casco Vello, a zona histórica de Bouzas e o Ensanche, será aprobada este venres pola Xerencia de Urbanismo co fin de eliminar as parcelas "abandonadas e en pésimo estado do centro da cidade".
venres, 26 out 2018
Vivendas das catro Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS) de Vigo recibirán achegas para a súa reforma grazas aos fondos acadados polo Concello. O convenio foi firmado este venres en Santiago.
venres, 26 out 2018
O alcalde apuntou este venres que o Consorcio do Casco Vello non presentou petición formal de convenio co Concello para expropiar fincas no Casco Vello. "O día que o presente estaremos encantados de asinalo e ir á expropiación", anotou Abel Caballero.
xoves, 11 out 2018
O Consorcio do Casco Vello de Vigo "practicamente non ten actividade", denunciou Abel Caballero, quen esixiu á Xunta de Galicia que inclúa no proxecto orzamentario do próximo ano unha partida de 5 millóns para "multiplicar por dez" o investimento na zona vella. O Concello achegará "a parte que nos corresponda" co mesmo fin.
martes, 9 out 2018
Abel Caballero avanzou hoxe martes que o próximo consello da Xerencia de Urbanismo validará a adxudicación do novo PXOM e da actualización da cartografía. Para o novo Plan, e unha vez asinado o contrato, a empresa presentará en dous meses un diagnóstico socioeconómico, explicou o alcalde.
venres, 14 set 2018
O alcalde criticou que a Xunta de Galicia remitira ao Concello o proxecto sen o pertinente aval de Patrimonio Histórico da propia administración autonómica, por estar a parcela en zona de cautela histórica. Abel Caballero censurou que o Concello cedeu o solo en 2008: "dez anos de atraso e o que envían non vale".
venres, 14 set 2018
O concurso de adxudicación da revisión do Plan Xeral e de actualización da cartografía se resolverá definitivamente nas próximas semanas. Trátase dun paso de "xigante" na redacción do PXOM posto que en dez días a mesa de contratación se reunirá de novo para adxudicar definitivamente o contrato, unha vez as empresas elixidas acheguen a documentación acreditativa pertinente.
venres, 14 set 2018
O Concello vén de conceder licencia de primeira ocupación ao edificio da Avenida de Samil 55, logo de que a propiedade fixera obras de adaptación e cumpra cos requisitos da normativa de apartamentos turísticos. O outro edificio da Avenida en situación similar, explicou Abel Caballero, tramita o seu permiso urbanístico pola mesma vía.
xoves, 13 set 2018
Caballero criticou a actividade do Consorcio do Casco Vello que está "practicamente paralizado" tal e como demostra os 400.000 euros de previsión de investimentos para o ano 2019. Solicitará unha reunión "urxente" para pedir que este orzamento se eleve a 2,5 millóns e que se faga unha nova achega de capital de 5 millóns.