Escoitar

O Concello insiste en reformar os accesos do Párroco don Camilo a través da Lei Vigo

O goberno local está á espera dunha resolución xudicial para saber se pode aplicar a chamada Lei Vigo na remodelación dos accesos ao Ceip Párroco don Camilo. Nun encontro cos responsables do centro, Caballero insistiu na vontade municipal de remodelar a entrada ás instalacións educativas tan pronto como sexa posible.

luns, 29 xuñ 2020

O alcalde mantivo esta maña un encontro cos responsables Párroco don Camilo para explicarlles que o Concello está esperando pola resolución xudicial para saber se finalmente pode aplicar a chamada lei Lei Vigo para acometer a remodelación dos accesos ao centro. O goberno local recorreu ao xulgado a negativa da Xunta de permitir o uso desa ferramenta urbanística para remodelar os accesos ao colexio, tal e como pretendía o goberno local, o que permitiría rematar as obras en seis meses. En rolda de prensa, o alcalde afeou á Xunta que si permitira aplicar esa normativa nun colexio en Redondela, mentres que en Vigo nega esa posibilidade.

 

Descargar todas as imaxes