O alcalde reúnese co deporte base da cidade
Unha trintena de entidades deportivas participaron no encontro virtual para abordar o presente e futuro deste sector.. Nestes momentos o goberno municipal está a tramitar as achegas do ano en curso, unha vez que xa se abonaron as axudas aos deporte de elite.
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá un aumento económico na asignación ao deporte de base cara ao ano que vén, nun momento no que xa se están a tramitar as achegas do presente exercicio cun importe de 925.000 euros. Nun encontro virtual con máis de 30 entidades deportivas da cidade, explicou que o Concello xa xestionou os pagos ás entidades de elite -500.000 euros-, o programa Siareiros -20.000 euros-; así como os pagos pendentes das escolas deportivas -225.000 euros -.
Ademais destas achegas directas, engadiu, o Concello realiza un apoio económico moi importante no uso das instalacións deportivas dado que as entidades realizan un pago insignificante. Por exemplo, o IMD ten un custe de mantemento de 5 millóns de euros e recupera escasamente 200.000 euros, unha situación similar á das piscinas municipais, cun custo de 2,5 millóns e recadan escasamente medio millón de euros.
O alcalde deu conta tamén de que xa están en funcionamento as pistas de pádel e tenis de Samil, as de atletismo, as piscinas de Travesas, Teis, Lavadores e Valladares, así como os complexos do Máis que auga e de Travesas, Navia e a Etea. Nestes momentos, precisou, estase a traballar nos protocolos de seguridade para poder abrir los campos de fútbol.
Outro dos asuntos que se abordaron na reunión foi a devolución ás distintas entidades do importe abonado e non gozado durante o período de peche das instalacións.