O goberno municipal insiste na inclusión dun instituto na modificación do plan parcial de Navia<br />

xoves, 7 feb 2019

O Concello de Vigo seguirá a esixir un instituto na modificación do plan parcial San Paio de Navia, unha vez que o informe sobre as alegacións enviado pola Xunta de Galicia desbotara esa posibilidade. Caballero amosou a súa desconformidade con esta negativa porque Navia necesita esta dotación educativa e avanzou que non vai renunciar a ningunha das observacións realizadas polo Concello ao documento.

O Concello promove as expropiacións necesarias para a terminal de bus e os accesos á estación do AVE

martes, 22 xan 2019

Segundo explicou Caballero este martes, o Concello custea a expropiación duns 500 m2 "imprescindibles" para construír a estación de autobuses e os accesos á estación do AVE de Urzáiz. O alcalde anunciou que en febreiro virá a Vigo o arquitecto Thom Mayne para supervisar as obras e o encaixe do ascensor entre García Barbón e Vía Norte que proxecta o Concello a través da estación do AVE.<br />