Vigo aproba este xoves a ordenación urbanística provisional

mércores, 8 mai 2019

A Xerencia municipal de Urbanismo valida este xoves o instrumento de medidas provisionais de ordenación, unha vez concluído o procedemento de notificacións -máis de 47.000- e resolución das 428 alegacións presentadas. Segundo o documento, as parcelas incluídas poderán recuperar a ordenación urbanística que tiñan no PXOM de 2008 anulado.