Escoitar

O alcalde destaca a reactivación urbanística da cidade con proxectos como o Hotel Attica 21 en Samil

Abel Caballero participou este martes no acto de colocación da primeira pedra do futuro aloxamento de Samil, que promove Inveravante, e que creará arredor de 200 empregos destacando a “nova dimensión do hotel e a súa vocación arquitectónica de integración paisaxística”.

martes, 28 xul 2020
O alcalde con responsables do hotel e da obra na visita
O alcalde con responsables do hotel e da obra na visita

O rexedor destacou a “xeración dun número importante de empregos e o proxecto adecuado á zona”, onde antes había un edificio do século pasado poñendo en valor a empregabilidade da obra pola que pasarán máis de 500 persoas, cunha media de 150 profesionais ao día e que, unha vez aberto, creará case 200 empregos.

O novo Hotel Attica 21 presenta un sistema de módulos con moita zona verde, con vocación de albergar congresos e, por tanto, dixo, de “estar na modernidade do primeiro cuarto do século XXI”. Será un catro estrelas superior con 157 habitacións, oferta gastronómica e vocación arquitectónica de integración paisaxística, reducido impacto visual e respecto pola contorna.

No acto estiveron Jaime de Lacalle, conselleiro delegado de Inveravante; José Cajide, director Patrimonial e Carlos Riveiro, director en Galicia da Construtora San José.

O alcalde apuntou tamén a “profunda involucración de Inveravante na cidade” xa que está promovendo a construción dun edificio de 155 vivendas en Jacinto Benavente, na antiga Cordelerías MAR, “que cambiará o conxunto da zona”, está desenvolvendo outro edificio de vivendas en Marqués de Valladares e un terceiro en Tomás Alonso, preto da zona portuaria e da Praza da Industria. Amais lembrou que está en marcha a demolición previa á edificación de Barrio do Cura e o ámbito da Panificadora polo que “en Vigo se produce unha reactivación urbanística ao que se suman de forma importante todos os accesos e a estación de tren de Urzáiz”.

 

O alcalde con responsables do hotel e da obra na visita
Descargar todas as imaxes