martes, 28 xul 2020
Abel Caballero explicou este martes que, unha vez ratificada no Pleno, a normativa facultará ao goberno vigués a determinar que areais serán espazos libres de fume. O alcalde engadiu que proporá ao Goberno de España a elaboración dunha lei que permita sancionar aos infractores.
martes, 28 xul 2020
Abel Caballero participou este martes no acto de colocación da primeira pedra do futuro aloxamento de Samil, que promove Inveravante, e que creará arredor de 200 empregos destacando a “nova dimensión do hotel e a súa vocación arquitectónica de integración paisaxística”.
martes, 28 xul 2020
Abel Caballero critica que o proxecto de pantallas acústicas de Audasa só cubra o tramo da autoestrada ata Chapela e non o percorrido entrando en Vigo, o que considera “intolerable e un insulto á cidade”.
martes, 28 xul 2020
As celebracións da cidade proseguen este martes con catro propostas culturais, tal e como apuntou Abel Caballero en rolda de prensa. A danza urbana de ViKul abre a xornada ás 19:45 horas en Samil e, as 20:30h, folclore en Coia, bandas de música na Porta do Sol e teatro infantil en San Miguel de Oia.