O Concello subastará soares e edificios abandonados ou ruinosos para "axilizar" a súa recuperación

martes, 21 nov 2017

Caballero informou que o goberno de Vigo elevará a consulta pública a ordenanza reguladora de edificación forzosa e rexistro municipal de soares, norma coa que o Concello elaborará un rexistro de soares e edificacións abandonadas ou en ruinas que, no prazo dun ano, sairán a subasta pública. O alcalde valora esta medida "positiva" para "axilizar" a recuperación destes espazos.

O alcalde anuncia o desbloqueo dunha parte "importantísma" do urbanismo coa aplicación da Lei 2/2017

luns, 13 nov 2017

O rexedor avanzou esta mañá o desbloqueo "pola vía dos feitos" dunha parte moi importante do urbanismo da cidade, acolléndose á tramitación da Lei 2/2017. Concretamente, solicitarase a recuperación da ordenación do Plan do 2008 para os ámbito terciario de Recaré, así como para todo o solo urbano consolidado ademais de para ámbitos do Porto de Vigo, de Canido e do aeroporto e para solos urbanos non consolidados que están en avanzado estado de desenvolvemento como é o caso de Esturáns ou Tomás Paredes.

O goberno de Vigo eleva ata os 10,7 millóns o orzamento de Urbanismo e prioriza o PXOM e a Panificadora

martes, 3 out 2017

A Xerencia de Urbanismo contará no 2018 cun orzamento de 10,7 millóns, un aumento do 12,6% sobre este ano, o que revela o "esforzo" do Concello para salvar as consecuencias da anulación xudicial do PXOM, explicou Caballero este martes. As contas reservan 2,5 millóns para a recuperación da Panificadora e 800.000 euros para a urbanización na Avenida de Europa, entre outros proxectos.