O goberno local autoriza a rehabilitación do edificio da antiga cerería na Praza da Constitución
O alcalde destaca a importancia desta obra para a que "houbo que esperar moito tempo" e que serve para completar a restauración da Praza. Contará con tres plantas de vivendas e uso sociocultural-recreativo na planta baixa e primeira.
A Xerencia de Urbanismo vén de autorizar as obras de rehabilitación con remodelación do inmoble situado no número 11 da Praza da Constitución, que albergou a antiga cerería.
Abel Caballero explicou que o edificio está incluído no ámbito do Plan especial e reforma interior PEPRI do Casco Vello catalogado con nivel de protección estrutural polo que debe recuperar e manter a fachada de pedra, a estrutura interior, soportais, as carpinterías de madeira e as varandas. A obra supoñerá a remodelarán das tres vivendas preexistentes no inmoble que consta de baixo máis catro alturas cunha vivenda por planta e uso sociocultural-recreativo na planta baixa e primeira.
O alcalde valorou positivamente a concesión da licenza tras "anos de espera, nos que houbo que facer tres proxectos para cumprir os requisitos técnicos" engadindo que "era o que nos faltaba para rehabilitar toda a contorna da Praza". Amais, explicou que a promotora poderá acceder ás axudas de rehabilitación de ARIS por un importe de 124.000 euros.