Escoitar

Vigo acollerá a xornada técnica "Iluminación intelixente e saudable 4.0"

O maior evento de iluminación urbana e técnica de Galicia se celebrará en Vigo o 26 de novembro e foi presentado hoxe mércores no Concello, coa participación do tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, Javier Pardo, e o delegado do Comité Español de Iluminación, Ángel González.

mércores, 20 nov 2019
1574257962201119JavierPardo.JPG
"Vigo estará no centro do debate da iluminación intelixente e saudable no entorno 4.0", explicou Pardo, quen destacou a colaboración do Concello e da Deputación na organización desta cita.

O concelleiro asegurou que Vigo "está no reto da mellora e modernización da iluminación do ámbito urbano" e anotou que, baixo o mandato de Abel Caballero, o Concello avanza na eficiencia enerxética a través das humanizacións que vén realizando nos últimos doce anos, con niveis de iluminación axustados ás condicións e ao seu uso ou a incorporación da tele xestión para a acendido ou apagado, entre outras.

Pardo puxo en valor a "gran redución da potencia instalada, do consumo enerxético, dos gases de efecto invernadoiro e da contaminación alumínica" realizada nos últimos anos. Desde 2007, aumentaron un 18,4% os puntos de luz pero a potencia instalada reduciuse nun 9,5%, a mesma porcentaxe de redución de emisión de gases. Ademais, Vigo instalou 10.867 novos puntos de luz LED nos últimos doce anos, que agora xa representan un 23% do total na cidade.

Con respecto á xornada, Ángel González agradeceu a "disposición absoluta" do Concello de Vigo e indicou que o 26 de novembro se debaterá das novas tecnoloxías de iluminación e da xestión do alumeado público. A nova tecnoloxía ofrece a posibilidade de replicar a luz do día, que ten que ver na saúde, entre outras.
Descargar todas as imaxes

Máis información