Escoitar

Vigo contará cunha nova liña de autobús urbano

O alcalde anunciou este mércores que desde o vindeiro mes de decembro funcionará unha nova ruta de transporte urbano entre a Praza de América e a Centro Santa Marta, en Alcabre, logo da petición das persoas maiores ingresadas na residencia para dispor dunha liña de autobús.

mércores, 20 nov 2019
O Concello de Vigo porá en marcha o vindeiro 9 de decembro unha nova liña de autobús que unirá a barrio das Travesas coa parroquia de Alcabre. Así o avanzou este mércores o alcalde, Abel Caballero, tras sinalar que a nova conexión chega despois da petición realizada polas persoas maiores que residen no Centro Santa Marta e da Asociación de Veciños de Alcabre.

O percorrido será Praza de América, Avenida de Castelao, Tomás Paredes, Avenida Atlántida, Camiño Viña Grande, Camiño Sobreira e Camiño Freixeiro con horarios de saída desde Santa Marta ás 10:15, 16:45 e19:40 horas e saídas desde Praza América ás 12:20, 16:25 e 19:20 horas.

Caballero indicou que a posta en marcha da liña precisou de modificacións en diferentes viais de Alcabre para permitir o acceso dos autobuses. As saídas desde Praza América ás 16:25 e saídas de Santa Marta ás 19:40 horas están orientadas a visitas de familiares a residentes.