Escoitar

O alcalde convida a toda España a visitar Vigo este Nadal

O Concello presentou na estación de autobuses Sur de Madrid a campaña de promoción do Nadal que encherá os autobuses urbanos e metropolitano de Vitrasa en nove urbes españolas e na ruta entre Vigo e Madrid.

martes, 19 nov 2019
1574173260191119NAdalMadrid3.jpg
Abel Caballero descubriu este martes na estación de autobuses sur de Madrid a decoración da campaña de promoción do Nadal de Vigo que rotula o túnel que comunica esta terminal coa de metro e co tren de proximidade. Amais, autobuses urbanos e metropolitanos de Vitrasa en 9 cidades (Madrid, Sevilla, Valencia, Córdoba, San Sebastián, Zaragoza, Segovia, Málaga, Biscaia) e o autobús de longo percorrido que cobre a ruta Vigo-Madrid irán rotulados con imaxes do Nadal vigués.

"Queremos que todo Madrid e toda España veña a Vigo a ver as mellores luces de Nadal do mundo", apuntou o rexedor, que engadiu que o ano pasado visitaron a cidade 2 millóns de persoas e que este ano "aspiramos a que pasen 3 millóns". Referiuse tamén "aos numerosos autobuses que está previsto que cheguen a Vigo desde toda Galicia e diferentes puntos da xeografía española que atribúe ao "impacto do Nadal que recuperamos transformando esta festa tradicional en arte, luz e cor".

Ante os medios de comunicación, o alcalde destacou algún dos elementos do Nadal na cidade: dez millóns de luces led, 50 cañóns de neve, unha noria de 62 metros, a preestrea de Frozen 2 e unha rúa iluminada e decorada con elementos da película pola compañía Disney.
1574173260191119NAdalMadrid3.jpg
1574173262191119NAdalMadrid3.jpg
Descargar todas as imaxes