Escoitar

Caballero dá a benvida aos 24 novos axentes que se incorporarán en xaneiro á Policía Local de Vigo

O alcalde de Vigo saudou este mércores aos 24 novos axentes que se incorporan á Policía Local tras aprobar o ano pasado a oposición. Abel Caballero indicou que a oferta de emprego dos anos 2017, 2018 e 2020 sumará a outros 62 novos policías.

mércores, 20 nov 2019
1574257999201119PoliciaLocal_05.jpeg
Abel Caballero deu este mércores a benvida a un grupo de 24 novos policías que aprobaron a oposición en 2018 (Oferta Pública de Emprego de 2010-2011/2014-2015-2016). Os novos axentes entraron na academia a mediados de 2019 e fixeron as correspondentes prácticas. Agora están facendo o seu último período de prácticas para incorporarse en xaneiro.

O alcalde tamén avanzou que a OPE de 2017-2018-2020 permitirá incorporar a 62 novos axentes (os exames poderían ser no primeiro trimestre de 2020) e que a Policía Local conta actualmente con 308 axentes (incluídos os 24 incorporados). Ademais, Caballero indicou que o custe para o Concello da xubilación anticipada dos policías locais elévase a 1,1 millóns.
Descargar todas as imaxes