Urbanismo ordena medidas de seguridade e insta á Xunta a adquirir os inmobles anexos ao albergue
O alcalde explicou que o pasado luns o Concello desaloxou aos habitantes dos edificios anexos á Praza do Peñasco 5, polos desprendementos producidos neste a causa das obras do albergue de peregrinos que constrúe a Xunta. O Concello ordena a demolición por ruína do edificio e insta á Xunta a adquirir os inmobles anexos e incorporalos ao proxecto.
Abel Caballero recordou que tres persoas foron desaloxadas o pasado luns das súas vivendas no número 9 da Ribeira do Berbés e de Praza do Peñasco 3, por mor dos desprendementos producidos no edificio número 5 da nomeada praza. Todo apunta, avanzou Caballero, a que a caída dos elementos no número 5 se debe ás obras que a Xunta realiza nos números 7 e 9 da Praza do Peñasco, onde constrúe un albergue de peregrinos.
Ao respecto, tal e como informou o alcalde, o Concello xa trasladou á Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, como promotora da obra, e á propiedade da Praza de Peñasco 5 as medidas a adoptar conxuntamente por seguridade, que pasan polo baleirado e demolición deste edificio, en estado de ruína. O Concello asumiría a execución de forma subsidiaria se as partes non o fan.
Abel Caballero instou á Xunta de Galicia a adquirir os inmobles anexos ao solar onde promove a construción do albergue de peregrinos -con saída á Praza do Berbés 5, ademais da Praza do Peñasco 7 e 9-, para así incorporalos ao proxecto e facilitar a súa rehabilitación.