Inaugúranse as Xornadas de Urbanismo

xoves, 24 abr 2003

Castrillo abriu as xornadas sobre "Desenvolvemento urbano sostible na Unión Europea" que reúnen a destacados especialistas para achegar novas tendencias normativas que compatibilicen a protección do medio ambiente co crecemento urbanístico.

O Concello autoriza a construcción do paso soterrado no Troncal

xoves, 3 abr 2003

O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou definitivamente o proxecto de construcción dun paso soterrado de vehículos na Travesía de Vigo (intersección coa rúa Aragón). Este paso inferior será financiado pola entidade mercantil Carrefour, en cumprimento dun convenio asinado co Concello.

Os premios de arquitectura Gómez Román serán bianuais

xoves, 3 abr 2003

O Concello aprobou as bases da VIII edición dos Premios de Arquitectura e Urbanismo Irmáns Gómez Román, correspondente aos anos 2001-2002. Os galardóns concederanse con periodicidade bianual, tal e como recomendou o xurado da última edición, para permitir así unha maior participación.